Monday 29 de April de 2024

Detido un veciño en Palmeira por un delito contra a seguridade viaria


Un veciño de Palmeira de 49 anos foi detido por un delito contra a se guridade viaria.
Ás 17.45 horas de onte, a Policía Local de Ribeira recibiu unha chamada telefónica alertando que, no porto de Palmeira, o condutor dun Volkswagen Golf estaba circulando de maneira temeraria, aparentemente ebrio, e insultando á xente. Ata alí se desprazou unha patrulla e, cando lle dou alto ao condutor, este escapou.
Na fuxida puxo en perigo a varios vehículos que tiveron que apartarse ata que a policía logrou acorralalo na rúa onde ten o seu domicilio. A proba de alcolemia arroxou un resultado de 1,33 e 1,29 mg/l.
Ademais, constatouse que tiña suspendido o permiso de conducir cauterlamente pola autoridade xudicial.